Estás no lugar axeitado e encantaríame acompañarte.

Lorena Leiro

Psicóloga sanitaria

Chámome Lorena Leiro, son psicóloga sanitaria e psicoterapeuta gestalt e conto con máis de 17 anos de experiencia acompañando a persoas en procesos de transformación individuais e colectivos.

Quero compartirche que para min, o proceso terapéutico consiste en promover un espazo de confianza e respecto no que poidas atopar a seguridade necesaria para penetrar nun coñecemento que te axude a mellorar aqueles aspectos vitais que a miúdo son orixe de bloqueos e de sufrimento. O meu obxectivo é facilitar que aquelo que en ti necesita ser atendido e expresado atope o seu espazo. Para iso, utilizo ferramentas que inclúen a relaxación, a pintura e o movemento corporal.

 

De nena facíame moitas preguntas acerca do comportamento e os estados de ánimo das persoas que me rodeaban. Tratando de atopar respostas estudei Psicoloxía, pero as preguntas seguían e se facían máis grandes e así empecei a reflexionar sobre as raíces da desigualdade social ou do sufrimento humano; tratando de comprender e de aprender cheguei a formarme en cooperación internacional e en construción de paz participando en proxectos en República Dominicana, Colombia e O Salvador. Este querer comprender ás persoas e ao mundo íame levando, en paralelo, a un querer comprenderme á min mesma e así iniciei unha viaxe persoal desde a meditación, o ioga e a Terapia Gestalt. Este vínculo entre o persoal e o social vai rexistrado no meu ADN e determina quen son como profesional.

Se te atopas: afrontando un loito, ao cargo do coidado doutras persoas, nunha relación de parella retadora ou afrontando unha separación, nun traballo que é unha fonte de desgaste emocional, ou te sintes desbordada ou desbordado pola responsabilidade, en dificultades continuas nas túas relacións interpersoais ou o que queres é coñecerte mellor e aprender a poñer nome ás túas emocións…

Estás no lugar axeitado e encantaríame acompañarte. Es benvida, es benvido!