Servizos
Os meus servizos
Terapia individual
A terapia comeza cunha sesión inicial onde identificar contigo o motivo de consulta e continuaremos con distintas sesións cunha frecuencia que estableceremos segundo as túas necesidades. O peche do proceso terapéutico terá lugar nunha sesión específica onde poidas levarte con maior claridade os aspectos de ti que descubriches ou dos que te “deches conta”; os recursos e/ou ferramentas propias que puxeches en funcionamento e os cambios que xeraches ao longo do proceso terapéutico. En cada sesión empregaremos ferramentas que inclúen a relaxación, a pintura e o movemento corporal e podemos levalas a cabo de forma presencial e on line.
Terapia de parella
A terapia comeza cunha sesión inicial onde identificar convosco o motivo de consulta e continuaremos con distintas sesións cunha frecuencia que estableceremos segundo as necesidades que esteades a presentar. A partires da sesión inicial e segundo o caso, as sesións de parella poderán complementarse con sesións individuais con cada integrante, onde profundizar nas causas persoais do malestar. O peche do proceso terapéutico terá lugar nunha sesión específica onde podades levarvos con maior claridade os aspectos que descubriches ou dos que te “deches conta”; os recursos e/ou ferramentas propias que puxeches en funcionamento e os cambios que xeraches ao longo do proceso terapéutico. En cada sesión empregaremos ferramentas que inclúen a relaxación, a pintura e o movemento corporal e podemos levalas a cabo de forma presencial e on line.
Terapia grupal
Para mín, o grupo é unha ferramenta de crecemento persoal moi potente porque as distintas persoas que o integran ofrecen novas olladas nas que mirarse, inspirarse e medrar de xeito integral. Actualmente, están en marcha os “Espazos de + Coidado” que teñen lugar en sesións de 3 horas unha mañá ao mes e van dirixidos a aquelas persoas que queiran sentir a forza do grupo no seu proceso terapéutico. Os principais obxectivos deste espazo de terapia grupal son os seguintes: fomentar a túa xestión psicoemocional e as túas fortalezas; sensibilizarte sobre a importanza do autocoidado persoal e contribuir ao establecemento dunha rede de apoio. A metodoloxía segue unha perspectiva vivencial e socioafectiva apoiada na relaxación e na creatividade que te permitan ver con claridade cales son os puntos en ti que te obstaculizan e que podas mobilizar os teus recursos cara o cambio que desexas. Se sintes interese, solicita a túa entrevista persoal e despexaremos as túas posibles dúbidas!
Obradoiros presenciais e vivenciais
Se che interesa crecer a nivel persoal en grupo pero non podes comprometerte a curto ou medio prazo ou se eres unha entidade e desexas levar a cabo obradoiros psicoeducativos específicos, esta é unha boa opción para ti. Son iniciativas de crecemento persoal e aprendizaxe grupal puntuais que abordan unha temática de interese empregrando metodoloxía socioafectiva, vivencial e participativa que combina elementos da relaxación, a expresión artística e a terapia Gestalt. Entre os seus obxectivos, os obradoiros queren: fomentar a túa xestión psicoemocional e as túas fortalezas; sensibilizarte en relación a tema que esteamos a tratar (poñer o foco en ti e no que necesitas neste momento da túa vida; que tomes conciencia da importanza do autocoidado persoal cando eres unha persoa coidadora; ou de como te relacionas en parella; etc.) e contribuir ao establecemento dunha rede de apoio e seguridade. Como experiencias previas:
– “Tempo de coidarme”. Ciclo de 3 obradoiros dirixidos a personas coidadoras cada un dos obradoiros está deseñado como un recalada nun tema chave na viaxe ao autocoidado: en “reconectando coas miñas necesidades “abordarás o funcionamento do ciclo de satisfacción das necesidades e o seu importante papel na túa autorregulación emocional; en ” sendo consciente das miñas crenzas”, identificarás algunhas das túas crenzas ou introxectos revisando o seu caracter adaptativo; e en “autociodado e botrato”, tomarás conciencia das diferentes esferas do coidado promovendo unha actitude de responsabilidade cara o botrato.
– “Amar cos ollos abertos”: a través deste obradoiro poderás recoñecer e poñer nome a eses aspectos internos que emerxen nas túas relacións persoais e de parella distorsionándoas.
– “O bosque que me habita”: o obxectivo deste obradoiro é que conectes contigo mesma ou mesmo, coa túa sabiduría e confianza e para iso empregaremos a relaxación e diferentes ferramentas artísticas que permitan mobilizar os teus propios recursos internos.
Servizos
Terapia individual
Terapia de parella
Terapia grupal
Obradoiros presenciais e vivenciais
Contacto
lorenaleiro.psicologa@gmail.com
Rúa Méndez Núñez nº2, 1ªplanta
36600, Vilagarcía de Arousa