Que é iso da terapia Gestalt?
A terapia Gestalt enmárcase dentro da Psicoloxía Humanista e baséase en 4 principios básicos que te resumo moi rapidamente:
-
- Aquí e agora: dentro das sesións traballamos co que sucede dentro do propio espazo terapéutico no momento presente como unha oportunidade para explorar e tomar conciencia.
- Darse conta: é o paso previo necesario para accionar un cambio. En ocasións, as persoas chegamos a darnos conta do que nos xera malestar pero poñemos en marcha mecanismos defensivos que impiden o accionar do cambio. Afondar para descubrir e recoñecer eses mecanismos convértese nunha importante tarefa dentro do proceso terapéutico e favorece a autonomía das persoas.
- Aceptación: abrirse ante a emoción que xurda no presente sen fuxida ante o que se experimenta implica abrazar sen xuízos quen somos.
-
Responsabilidade: facernos cargo do que sentimos e facemos (ou o do que non facemos!) é fundamental para deixar de culpabilizar a outras persoas ou á contorna e empezar a poñer o foco na propia persoa.
Estes 4 piares convértense nunha actitude de compromiso ante a vida que transcende o espazo terapéutico.
Servizos
Terapia individual
Terapia de parella
Terapia grupal
Obradoiros presenciais e vivenciais
Contacto
lorenaleiro.psicologa@gmail.com
Rúa Méndez Núñez nº2, 1ªplanta
36600, Vilagarcía de Arousa